|
1) Informe da Consellería Pesca sobre o porto deportivo.
a) A copia do proxecto que temos o FORO no noso poder é un "resumen", polo que faltan moitos datos sobre o mesmo. Descoñecemos se á confraría se lle enviou esta memoria reducida para que realizasen as alegacións sobre ela.
b) informe da consellería sobre o proxecto básico
Páx. 1-2:
Describen as características que terá o porto, segundo o proxecto, as
premisas básicas de este e os condicionantes de deseño.
O DIQUE DO PORTO TERÁ 600 m DE LONXITUDE
As características previas do porto non coinciden despois coas obras que se
pretenden realizar.
Páx. 3:
Comentarios sobre o proxecto.
Nomea un informe da
Asesoría Xurídica da Consellería de Pesca que dí:
1- A aprobación de proxectos de ampliación de portos conleva a
declaración de utilidade pública
e a necesidade de urxente adquisición de dereitos.
2- Dita aprobación afecta ós titulares das autorizacións
administrativas, que, en principio, deben ser indemnizados pola privación
de tales dereitos.
3- Calquer actuación a realizar compete a Autoridade Portuaria de Vigo,
que é a que exercita ditas facultades expropiatorias.
Na memoria non se aporta ningún estudio das poboacións existentes na área onde se quere ubicar o porto.
Páx. 4:
Na zona traballan, ademáis das 172 embarcacións de Cangas, outras 325 embarcacións da Asociación de Confrarías da Ría de Vigo, con punto de venda en Meira (polo que as capturas desta zona de Massó non se contabilizarían na lonxa de Cangas). Ademáis a confraría ten autorizado un plan de explotación de algas.
Páx. 5:
O proxecto non cumpre cunha das premisas da súa instalación que é a de non realizar dragados, que constan na memoria para realizar diversas explanadas. Para realizar estos dragados e vertidos deberán realizar estudios que non se aportan.
Páx. 6:
Parte do material dragado será vertido en praias próximas, sen indicar en cales.
Antes de iniciar ningúnha obra, o proxecto deberá someterse obrigatoriamente a unha avaliación de impacto
ambiental.
Tampouco cumpre coa premisa do proxecto de que non creará novos recheos para ubicar novas instalacións (xa que aterrarán 12.000 m2).
Tamén incumpre dous condicionantes de deseño: 1) rebasa o dique de Frigoríficos do Morrazo, 2) non ubica os locais de servizos (hostelería e restauración) en terra
Páx. 7:
O biólogo da Ría de Vigo, da Consellería de Pesca, resalta a excepcional riqueza desta zona.
Páx. 8:
O porto deportivo estragará os fondos mariños, formados por esqueletos dunha alga calcárea, coñecidos como "fondos de maerl", ecolóxicamente importantes por múltiples razóns e para os que UN PROGRAMA EUROPEO RECOMENDA O COIDADO DOS MESMOS COMO UNHA DAS PRIORIDADES DE CONSERVACIÓN DAS COSTAS EUROPEAS.
O biólogo da Ría de Vigo apunta que deberían presentar un ESTUDIO DE VIABILIDADE deste porto, xa que "na ría xa existe un gran nº de prazas de amarre e distintos proxectos de construcción de novos portos deportivos.
Páx. 9:
A construcción do porto vai supoñer a perda duns 250.000 m2 de explotación pesqueira e marisqueira, así como outras afeccións ós recursos debido á diminución da calidade das augas arredor do porto e a modificación da dinámica mariña.
(segundo párrafo) "Indican ... que o único tramo de costa afectado (pola oleaxe) ... é a Praia de Rodeira".
A presencia do porto vai producir unha modificación de correntes e condicións sedimentarias, que tamén incumprirían outra das premisas do proxecto.
Por lei deben realizar un estudio máis detallado sobre a dinámica litoral.
Durante a fase de explotación xerarán impactos sobre os moluscos da explotación marisqueira da confraría.
Páx. 10:
Non se garante o vertido de augas pluviais en condicións de depuración axeitada.
Páxs. 10-13:
RESUME E CONCLUSIÓNS
Destaca o punto 15), no que consta o informe desfavorable para o proxecto nos termos actuais, sendo ese informe PRECEPTIVO E VINCULANTE atendendo á lexislación galega. O Ministerio de M. A. non o considerou vinculante por non selo na lexislación nacional. Isto sería moi discutible, xa que a lexislación galega pode sempre ser máis restrictiva ca nacional.
Resolución do 29.11.04 pola que se formula a declaración de impacto ambiental (BOE 303 do 17.12.04).
A exposición pública foi unha artimaña, xa que NA MESMA SEMANA QUE A AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO RECIBE AS RESPOSTAS ÁS CONSULTAS EFECTUADAS SOBRE A MEMORIA RESUMEN DO PROXECTO EMITIDAS POLAS CONSELLERÍAS DE M. A. E PESCA
(29.07.04), SACA A EXPOSICIÓN PÚBLICA O ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL (B.O.E. de
31.07.04), SEN POSIBILIDADE DE QUE ESTE RECOLLA AS ALEGACIÓNS DOS ORGANISMOS COMPETENTES NIN MODIFIQUE OS INCUMPRIMENTOS QUE SE LLES COMUNICAN. Ademáis, a exposición pública coincide durante o mes de agosto, no que os funcionarios que viñan de informar facía poucos días o proxecto básico se atopaban de vacións, polo que NIN A CONSELLERÍA DE M. A. NIN A DE PESCA PUDERON PRESENTAR ALEGACIÓNS Ó ESTUDIO DE IMPACTO AMBIENTAL.
(pax. 41293) A autoridade portuaria de Vigo remite o 07.07.04 á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental o estudio de impacto ambiental e a copia do anuncio do B.O.E., nesa data aínda non se publicara. O
estudio recoñece o impacto severo sobre os caladeros, a perda de fondos
para o marisqueo e a recolección de algas. Para paliar esta afección o
promotor deberá compensar aos titulares das autorizaciones. NON
PEDIR UNHA PRÓRROGA AOS INICIOS DAS OBRAS DO PORTO MENTRAS NON SE NEGOCIE
O USO DOS TERREOS DE SALGUEIRÓN CONSTITUE UNHA PROBA DA FALTA DE
INTENCION REAL DE NEGOCIAR UN NOVO PLAN XERAL Dende
o Foro reivindicamos os terreos de Salgueirón como fundamentais para o
desenvolvemento económico de Cangas e propoñemos unha reunión das
forzas sociais e económicas para estudiar e planificar as perspectivas de
futuro en:
Industria extractiva
Pesca de baixura
Marisqueo a pé
Extracción con mergullo
Acuicultura en granxa
Acuicultura a flote
Acuicultura en mar aberto
Pesca de altura
Extracción de algas
Comercialización
Lonxas
Minoristas
Mayoristas
Venta por internet
Transportes
Industria transformadora
Conxelados
Conservas
Envasado
Infraestructuras
Portos, zonas de amarre e fondeo
Servicios portuarios
Areas Industriais
Polígonos de acuicultura
Rede viaria e aparcamentos
Construcción naval
Embarcacións
Bateas
Xaulas
Asteleiros e talleres
Industria auxiliar
Reparacións navais
Zonas de varada
Maquinaria naval e industrial
Suministros navais
Redes
Electricidade e electrónica naval
Envases
Fábricas de piensos
Organización
Papel dos organismos oficiais
Administración de recursos/Posible Axencia Local de Xestión de Recursos Mariños
Lexislación
Confrarías
Organización empresarial
Sindicatos
Cooperativas
Lobbies
Partidos políticos
Asociacións ecoloxistas
Relacións coa administración pública
Formación e capacitación profesional
Bancos de datos
Cartográficos
Medioambientais
Producción e recursos
Oferta e demanda laboral
Financiamento
Xestión de residuos
Control da contaminación
Previsión de catástrofes
Urbanismo e recursos
Parque Nacional das Illas Atlánticas
Rías Baixas posible Reserva da Biosfera
Consultoría
Seguros
Xestorías
Oficinas de enxeñería
Consultoría xurídica
Consultoría financeira
Internet
Investigación e desenrolo
Investigación biolóxica
Investigación en tecnoloxía
Inversións públicas
Inversións privadas
Sostenibilidade e planificación
Outros usos
Transporte marítimo
Deportes náuticos
Portos deportivos
Ocio e areas recreativas
Esta
é a comunicación de Costas que mostra as irregularidades presentes no
convenio de Massó, nos pedimos ademais responsabilidades ante a
tramitación de denuncias. Esiximos o cumprimento da lei e tramitacións
limpas sen parcialidades. 
|
|